¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.
Peche I Edición Olympe Emprende


Falamos de economía social na xornada do Día Mundial do Traballo Social

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar
  • A nosa compañeira Rebeca Sánchez participou falando do aporte social e territorial da economía social

  • As empresas da ES xeran impacto social tanto polo produtos e servizos que producen como, sobre todo, por como os producen 

Esta semana a nosa compañeira Rebeca estivo presente na xornada online organizada polo Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia para falar da economía social e o seu aporte social e territorial. Podedes ver toda a xornada nesta ligazón. Queremos agradecer a oportunidade brindada para falar de ES neste espazo. A continuación esbozamos, a grandes rasgos, o que consideramos que a economía social pode aportar de positivo a un territorio, especialmente aos do ámbito rural. 

Introducción

“ Las empresas de economía social se caracterizan por el hecho de que sirven al interés general o a una comunidad y no tienen como fin maximizar sus beneficios. Su objetivo es claramente social: se trata de mejorar el bienestar individual y colectivo reduciendo las desigualdades y mejorando la cohesión social. Se trata además de contribuir a desarrollar empleos de calidad en empresas socialmente responsables…” -

Comité Económico y Social Europeo

 

A economía social existe dende primeiros do século XIX e conta con recoñecemento institucional existindo leis de Economía Social tanto en Galicia como en España. Nos últimos anos está adquirindo unha presenza cada vez máis consolidada no panorama económico e político europeo, español e galego en base as súas características que priorizan ás persoas sobre o capital e a súa capacidade para crear empregos de calidade.

Valores e resiliencia

Os valores que promove a economía social son: axuda mutua, responsabilidade, democracia, igualdade, equidade, solidariedade, honestidade, transparencia, autonomía, autoxestión, responsabilidade social e preocupación polas demais persoas. Á súa vez materialízanse nos seguintes principios orientadores e vertebradores:

  • A primacía das persoas e do fin social sobre o capital, que prioriza a toma de decisións en función das persoas e as súas achegas de traballo á entidade, e non en relación coas súas achegas ao capital social.

  • A promoción da solidariedade interna e coa sociedade que favoreza o compromiso co desenvolvemento local, a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, a cooperación, a inserción de persoas con discapacidade e de persoas en risco de exclusión social, a xeración de emprego estable e de calidade, a conciliación...

  • O compromiso co territorio, inxectando estabilidade e futuro para facer fronte ao despoboamento e o envellecemento da poboación

  • O fortalecemento da democracia institucional e económica

E en tempos de crise a economía social demostrou ser moi resiliente. Esa capacidade de resiliencia é froito das características deste modelo; a propiedade da empresa vinculada ás persoas traballadoras, a toma de decisións feita de xeito democrático polas persoas traballadoras, a implicación das persoas na vida da empresa... todo isto tradúcese no mantemento dos emprego cando pode producirse unha redución de ingresos de forma significativa en vez da destrución do emprego. 

Quen conforma a economía social?

As empresas da Economía Social son moi variadas, e teñen diferentes estatutos xurídicos: cooperativas, sociedades laborais, centros especiais de emprego, empresas de inserción laboral, sociedades agrarias de transformación, confrarías de pescadores, outras empresas de base asociativa. 

Como datos máis relevantes destacar que Galicia conta con máis de 7.300 entidades de economía social activas que aportan ao redor do 7% do PIB da nosa comunidade e xeran un emprego estimado de case 25.000 persoas traballadoras e máis de 74.120 persoas socias, comuneiras ou mutualistas. Na nosa comunidade a economía social ten unha alta concentración en sectores como o cultural, o dos servizos sociais, a educación e a agricultura e pesca. 

Cohesión social e territorial 

Polas súas características as empresas da economía social teñen un comportamento diferente ao das empresas mercantís no tocante a condicións de traballo, composición de plantillas, ámbito laboral e tamén situación xeográfica.

Unha forma de contribuír á cohesión social é a heteroxeneidade das plantillas de traballo, incorporando ás mesmas a colectivos con dificultades de acceso ao emprego. Así mesmo, as condicións de traballo fomentan aspectos como a conciliación e a igualdade. E tamén amplían a oferta de servizos tanto sociais como educativos no rural facendo que os espazos onde se asentan e a súa área de influencia sexan máis competitivos. 

As entidades de economía social promoven políticas de contratación que non discriminan, e máis, nos casos dos centros especiais de emprego ou das empresas inserción a contratación destas persoas é o seu obxectivo. As empresas de inserción laboral teñen como fin a integración e formación sociolaboral de persoas en situación de exclusión social como tránsito ao emprego ordinario. Axudan á construción dun modelo de desenvolvemento inclusivo cun alto impacto social ao asegurar a igualdade de oportunidades para as persoas que se atopan en situacións de vulnerabilidade. Pola súa banda, os centros especiais de emprego defínense como “empresas nas que o obxectivo principal é o de realizar unha actividade produtiva de bens ou de servizos, participando regularmente nas operacións de mercado, e teñen como finalidade asegurar un emprego remunerado para as persoas con discapacidade; á vez que son un medio de inclusión do maior número destas persoas no réxime de emprego común”. A súa principal característica é que a maioría das persoas que traballan neles son persoas con discapacidade, é máis, como mínimo, un 70% do persoal traballador debe cumprir esta condición. 

Nos seus territorios as empresas de economía social poden prover de determinados servizos cubrindo necesidades que non ofrecen outro tipos de empresas e chegando a determinados colectivos e ámbitos xeográficos. As entidades de economía social teñen unha maior presencia en actividades necesarias e ligadas a unha maior calidade de vida e a un desenvolvemento sostible, tamén á diversidade da oferta cultural. Así podemos enunciar tres grandes trazos das empresas de ES: 

  • Son empresas que están asentadas no territorio e veñen a cubrir as necesidades das persoas ou empresas nun ámbito xeográfico determinado. 
  • Son entidades que contribúen a fixar a poboación xa que xeran emprego e riqueza alí onde se poñen en marcha o que as converte en ferramentas para o desenvolvemento local. 
  • Xeran impacto social tanto polos produtos e servizos que producen como, sobre todo, por como os producen, a través de empresas de xestión democrática, participativa, onde as persoas se atopan no centro da toma de decisións ao situar o obxectivo social por encima da maximización de beneficio.  

Tendo en contra o rápido envellecemento da poboación, a despoboación de grandes áreas en Galicia é importante achegarse a estes territorios e dotalos, a través da economía social, de servizos, traballos e, en definitiva, vida.